REDACCIONES
REDACCIÓN DE LA SEMANA DE LAS CIENCIAS
Para festexar a Semana das Ciencias no meu curso (1º ESO) fixemos, en
grupos de dúas ou tres persoas, un volcán.
O meu compañeiro e máis eu
puxémonos de acordo en que materiais traería cada un. Eu encargueime de traer o
pegamento líquido, a area e un bote de Actimel; mentres que el encargouse de
traer a plastilina e unha táboa de cartón duro.
O día do experimento déronnos un
papel no que explicaban como facelo.
O primeiro que tiñamos que facer
era pegar o bote de na táboa do cartón duro. Unha vez comprobamos que se pegara
ben empezamos co segundo paso, que consistía en recubrir o bote de Actimel coa
plastilina. Pero a nós se nos ocurriu rodear o bote de cun papel e despois
recubrilo coa plastilina e quedounos mellor. O terceiro que tiñamos que facer
era pegar a area á táboa de cartón duro. Ao final, coa plastilina que sobrou,
adornamos a táboa con algunha árbore e tamén botamos a area sobrante dentro do
bote de Actimel. Avisamos á profesora, que botou no bote vinagre e bicarbonato
o que provocou que houbese unha reacción, como se o volcán entrase en erupción.
A verdade é que foi máis
divertido so que eu pensaba!
Raquel
González González de 1º ESO
REDACCIÓN DA SEMANA DAS CIENCIAS
Para todas
as clases, a Semana das Ciencias é moi entretida (nalgunhas máis ca outras). Na
miña clase, 2º ESO, fixemos dúas cousas: a primeira foi o xoves á tarde.
Subimos ao laboratorio por parellas e fixemos un experimento mesturando caldo
de lombarda e outras substancias como limón, augarrás, NaOH, suavizante,
vinagre,...
A finalidade
do experimento era calcular o pH das distintas substancias comparándoo co do
caldo da lombarda.
A segunda
foi baixar á aula de audiovisuais na que tivemos unha charla interactiva sobre
as enerxías renovables e non renovables que concienzounos sobre o desgaste do
Medio Ambiente e a necesidade de usar as enerxías renovables. Dende aquel intre
creo que todos somos un pouco máis ecolóxicos. FIN
Brais González Fernández e
Sergio Sahuquillo Embade de 2º ESO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Me gustaron mucho las redacciones.
La semana de las ciencias en bouza brey son muy divertidas.
Todas las actividades muy divertidas e interesantes.
Las redacciones muy buenas
Publicar un comentario